O Museo do Gravado de Artes celebra o seu 25 aniversario cun documental e unha exposición dedicada a Xosé Lodeiro

14 Marzo 2026

O Museo do Gravado de Artes continúa coa programación especial polo seu 25 aniversario cunha dobre cita cultural: a proxección do documental Lodeiro e a inauguración da exposición Lodeiro. Obra gráfica, dedicada ao artista galego Xosé Lodeiro.

No acto participou a alcaldesa de Ribeira e presidenta da Fundación do Museo de Artes do Gravado (FMAG), María Sampedro, quen destacou a relevancia do legado do pintor e gravador, falecido hai 30 anos. “Este pintor e gravador xa non está con nós, pero si o seu talento a través da súa ampla obra que perdurará para que poidamos coñecer a súa maneira de ver o mundo. Diso se trata a arte: reflexión e proxección dunha realidade dende diferentes perspectivas”, sinalou.

A exposición reúne preto de 90 pezas, entre as que se inclúen 11 serigrafías, arredor de 60 linogravados e xilografías, así como 16 matrices linográficas e xilográficas. A colección permite realizar un percorrido pola traxectoria dun dos nomes propios da arte galega da segunda metade do século XX.

Segundo destacou a alcaldesa, o legado artístico de Xosé Lodeiro transmite tamén as súas conviccións e compromisos sociais, visibles nunha obra que explora a relación entre figuración e abstracción, así como a tensión entre superficie e profundidade.

Na súa intervención, María Sampedro tamén puxo en valor o cuarto de século de historia do museo, subliñando que o Museo do Gravado de Artes “dende o rural, eríxese como un dos máximos referentes do gravado a nivel internacional”.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.