O Concello e a Policía de Noia pechan a totalidade da pasarela do paseo marítimo por motivos de seguridade

09 Marzo 2026

O Concello de Noia compartiu información sobre os problemas xerados polo temporal Nils, no mes de febreiro, no paseo marítimo de Noia, onde os refachos de vento de preto de 100 quilómetros por hora unidos ás fortes chuvias derrubaron derrubaron parte das varandas de madeira do paseo, cuxos restos caeron á ría. Dende aquela, o Concello e a Policía Local mantiveron o peche cautelar da pasarela de madeira do paseo, coa zona acordonada por motivos de seguridade.

Desde ese mesmo momento, o Concello de Noia puxo a situación en coñecemento de Portos de Galicia, administración titular desta infraestrutura, que trasladou á Administración local que estaba a tramitar a restauración da zona afectada.

Dende o Consistorio informaron que “nos últimos días a estrutura experimentou un rápido empeoramento, en boa medida relacionado cos fortes temporais vividos nas últimas semanas”, polo que hoxe a Policía Local comunicou a decisión de pechar o paso á totalidade da pasarela, xa que o seu avanzado estado de degradación pode supoñer un risco para as persoas usuarias.

Co obxectivo de avanzar na solución desta situación, este luns o Concello remite a Portos de Galicia dous informes, un informe técnico sobre o estado da pasarela e outro de seguridade, para que se poidan adoptar as medidas oportunas canto antes.

Concello e Policía piden á cidadanía que respecte o peche e as indicacións de seguridade mentres non se resolva esta incidencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.