O Concello de Rois asina un acordo coa RAG e a Secretaria Xeral da Lingua para realizar o seu mapa sociolingüístico escolar

24 Marzo 2026
Inmaculada Seage (Técnica de normalización lingüística de Rois), Henrique Monteaguro, Ramón Tojo, María López Sánchez e Valentín García

Realizar o mapa sociolingüístico escolar do Concello de Rois para tirar del un diagnóstico detallado sobre a situación do galego entre o alumnado de infantil, primaria e secundaria é o obxectivo que ten o acordo que vén de asinar o dito Concello de Rois (representado polo seu alcalde Ramón Tojo Lens) a Real Academia Galega- RAG (representada polo seu presidente Henrique Monteagudo) e a Secretaría Xeral da Lingua (con Valentín García como representante).

Cómpre sinalar que Rois é o quinto concello de Galicia que traballará co Seminario de Sociolingüística para desenvolver unha investigación que ten como fin “servir de base para unha mellor planificación das accións de normalización do galego”, lembra o presidente da RAG. “Este é o primeiro acordo desta natureza que asinamos cun concello pequeno en poboación. Somos conscientes do esforzo que significa para Rois e agradecemos a súa implicación, tamén a colaboración da Secretaría Xeral da Lingua, que nos permitirá estudar polo miúdo por primeira vez o estado da nosa lingua entre a poboación máis nova dun municipio de carácter marcadamente rural que non chega aos 5000 habitantes. O seu interese no eido da investigación sociolingüística, polo tanto, vai máis aló de Rois”, expresa Monteagudo.

Pola súa banda, o alcalde, Ramón Tojo, agradeceu a colaboración da RAG e da Secretaría Xeral da Lingua para elaborar “este mapa sociolingüístico, que nos vai axudar a realizar unha dinamización da lingua galega que sexa efectiva. Queremos saber cal é o punto de partida de Rois no que atinxe ao uso do galego e ás actitudes de cara ao noso idioma dos 409 alumnos e alumnas menores de 16 anos que temos nos centros educativos do municipio”, asegurou. Ramón Tojo tamén resaltou o feito de que “Rois é o primeiro concello con menos de cinco mil habitantes que asina este acordo, como xa fixeron Ames, Carballo, Pontevedra ou Santiago”.

En canto ao secretario xeral da Lingua, Valentín García, fixo fincapé na importancia “de contar coa cativada na posta en valor da nosa lingua e da nosa cultura”. Nesta liña, salientou que son as xeracións máis novas, xunto coas súas familias, “un dos contextos nos que desde a Xunta poñemos o foco con medidas como os programas 21 días co galego e +, o Falamos + ou as distintas iniciativas para promover contidos audiovisuais a través da plataforma Xabarin.gal.

Pola esquerda: Valentín García, Ramón Tojo, Henrique Monteaguro e María López Sández (tesoureira da RAG)

Engadir que ao acto tamén asistiron a coordinadora do Seminario de Sociolingüística, a académica María López-Sández; a técnica de Normalización Lingüística de Rois, Inmaculada Seage; e o técnico da RAG Xaquín Loredo.

A Real Academia Galega publicou en 2021 o primeiro mapa sociolingüístico escolar de Galicia, froito da colaboración co Concello de Ames. O documento serviu de base para a posta en marcha por parte de ambas as institucións de Modo galego, actívao!, un completo proxecto de investigación-acción concibido como banco de probas de accións innovadoras de dinamización da lingua na infancia e na mocidade que sexan replicábeis noutros municipios. O Seminario de Sociolingüística está a desenvolver desde 2025 o mapa de Santiago de Compostela e no que vai de ano, a RAG asinou ademais senllos acordos cos concellos de Pontevedra e Carballo, aos que se suma agora o de Rois.

A finalidade dos mapas sociolingüísticos escolares é afondar na identificación dos factores, axentes e contextos de socialización que aceleran ou frean o proceso de substitución do galego polo castelán. Metodoloxicamente nútrense das enquisas que responden os distintos axentes da comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

+

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.