O Concello de Ribeira saca a licitación a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso

09 Marzo 2026

O Concello de Ribeira deu un paso máis na implantación do seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino sacando a licitación a remodelación da fachada litoral do paseo das Carolinas e a accesibilidade á praia de Coroso.

O obxectivo é “artellar a liña litoral cos corredores ecolóxicos fluviais, incrementar a permeabilidade cara o mar, así como acadar unha maior e mellor integración ambiental e paisaxística. En consecuencia, construirase unha rampla accesíbel para a praia, crearase unha nova zona deportiva (formada por unha pista e unha área de calistenia), substituiranse as varandas actuais por bancos continuos de pedra que permitan unha maior integración co entorno e a formación de novas zonas verdes”, informou o Concello.

O orzamento de licitación é de 170.190,90 euros, IVE incluído, financiados a través dun convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ribeira para a execución do PSTD no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) con fondos Next Generation. As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 23 de marzo. O prazo de execución será dun mes e medio dende a formalización do contrato.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...