O Concello de Ribeira resulta beneficiario dunha subvención para a mellora do Mercado Municipal

08 Marzo 2026

O Concello de Ribeira resultou beneficiario dunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo para a mellora do Mercado Municipal. Do importe de 171.769,22 euros, a Administración autonómica aporta un 80%, que se corresponde con 137.415,38 euros.

Segundo informou o Concello, a dita achega servirá para a climatización, a reparación do pavimento da terraza, o pintado da fachada e estrutura do beirado, a substitución de iluminación de chan no perímetro do edificio, e reposición do alumeado nas escaleiras do terceiro andar.

A este respecto, o concelleiro de Mercados, Vicente Mariño, mantivo unha reunión telemática co director xeral Gabriel Alén cara a tratar a execución desta intervención. “É unha oportunidade para seguir mellorando as prestacións aos praceiros e praceiras e, en consecuencia, á cidadanía de Ribeira. Temos produtos de excelentísima calidade a vender nunhas instalación que queremos que tamén acaden a excelencia”, indicou o edil.

Trátase dunha medida máis cara a consecución do selo Mercado Excelente e en vindeiras datas convocarase a Mesa Local de Comercio.

Xa a comezos de ano se adxudicou o contrato para os servizos de diagnose de situación e usos do mercado municipal e formación mentoring para os praceiros; tamén financiada ao 80% a través dunha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...