Este mércores 25 inaugúrase a rehabilitación do lavadoiro de Penisqueira (Aguiño) con música e un parladoiro

24 Marzo 2026

Música e parladoiro serán os dous eixes sobre os que se vertebre o acto de inauguración da rehabilitación do lavadoiro de Penisqueira (Couso, Aguiño) que organiza o Concello de Ribeira para o mércores, 25 de marzo, ás 18.00 horas. Haberá actuación do grupo de cantareiras As Sete Linguas, da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, ademais dunha charla a cargo da normalizadora lingüística municipal, Alicia Padín, que narrará como era a vida antano arredor dos ríos; espazos onde se xeraba comunidade entre as mulleres. E, precisamente, contarase coa testemuña de varias veciñas maiores da parroquia de Aguiño, que contarán anécdotas dos seus tempo lavando a roupa naquel lavadoiro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.