O Concello de Ribeira colabora con querEndo na visibilización da endometriose

11 Marzo 2026

No 14 de marzo conmemórase o Día da Endometriose, unha doenza que que afecta a unha de cada dez mulleres en idade fértil. Co obxectivo de dar visibilidade a asociación querEndo organiza, coa colaboración das Concellerías de Igualdade e Sanidade, unha xornada na que se ofrecerán simposios e terá lugar a lectura dun manifesto.

O groso da actividade concentrarase na sala polivalente do novo Auditorio Municipal de Ribeira, coa apertura de portas establecida para as 09.30 horas. A nutricionista Candela Martínez será a primeira en tomar a palabra co coloquio Estratexias nutricionais na endometriose, ás 10.00 horas; para seguir ás 11.00 horas con Aprender a regularse emocionalmente, da man da psicóloga Ana Isabel Fernández; e rematar o apartado de conferencias co xinecólogo Jesús Manuel Barreiro e Endometriose, cando a dor non se ve, ás 12.30 horas.

Posteriormente, na praza do Concello procederase coa lectura do manifesto pola endometriose, ás 14.30 horas, onde tamén participarán representantes institucionais. A entrada ao Auditorio é libre ata completar o aforo e convídase ao público a asistir cunha prenda amarela, a cor que visibiliza esta doenza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.