O Concello de Ribeira adxudica o Servizo de Axuda no Fogar por un importe superior aos 1,5 millóns de euros anuais

31 Marzo 2026


A Corporación municipal de Ribeira celebrou na tarde deste luns 30 de marzo o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo de 2026 no que se abordou a adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar por un importe de 1.626.875,73 euros anuais e a duración do contrato establécese nos tres anos con posibilidade dunha prórroga. A empresa Attende Care, S.L. resultou a adxudicataria e entre os servizos complementarios atópanse o de
fisioterapia, podoloxía, barbería ou reforzo das limpezas, ademais de axudas técnicas como camas xeriátricas con carro elevador, guindastres para a mobilización, colchóns antiéscaras, sabas deslizantes ou colchón de ducha. O prezo sitúase nos 21,46 euros por hora con máis de 70.000 euros anuais.

O equipo de Goberno lembrou que a día de hoxe o servizo conta cun total de 220 persoas usuarias, polo que, en palabras da alcaldesa, María Sampedro, “é un contrato indispensábel para o coidado dos nosos maiores, de persoas con dependencia e persoas con necesidades especiais”, ao que engadiu que a Xunta de Galicia aportará máis dun 50% do investimento. Este punto saíu adiante con 17 votos a favor (9 do PP, 3 do PBBI, 4 do BNG e 1 non adscrito) e 2 abstencións (1 do PSdeG-PSOE e 1 non adscrito). Tamén se levou a proposta do nomeamento de representantes no Consello Escolar Municipal, pois o Goberno municipal defende que “estea integramente formado por representantes da comunidade educativa, sen presenza de políticos, que foi aprobado co respaldo de 12 votos a favor (9 do PP e 3 do PBBI), 6 abstencións (4 do BNG e 2 non adscritos) e 1 en contra (PSdeG-PSOE).

Ademais, o BNG propuxo unha medida para continuación co proceso de castración das colonias felinas. A isto, o Goberno municipal presentou unha emenda de substitución na que se amplía a contía destinada a tal fin ata os 9.000 euros mediante un convenio con Callejeros Barbanza e que contou co apoio unánime dos presentes.

Pola súa parte, o PSdeG-PSOE propuxo a construción dunha pasarela na praia do Prado, na parroquia de Corrubedo. A este respecto, o Executivo local presentou tamén unha emenda de substitución para que se estude a viabilidade do proxecto, con luz verde da unanimidade da Corporación. Outro dos asuntos aprobados por unanimidade chegou da man do grupo non adscrito relativo á instalación de puntos de luz nos arredores do polideportivo de Palmeira.

Moción de urxencia

Abordouse tamén unha moción de urxencia presentada polo Goberno municipal para condenar os actos desenvolvidos o pasado venres, 27
de marzo, pola organización xuvenil Galiza Nova no monólito da praza do Centenario por, sinalouse na moción, “intentar terxiversar a realidade do fondo do 120 aniversario da cidade” ao soster que é un símbolo monárquico, cando “é un símbolo do pobo”.

Así mesmo, o Executivo local considera que esa maneira de proceder “é contraria ao sentir da maioría da sociedade de Ribeira” e infrinxir o artigo 17.1-a da Ordenanza Municipal de Limpeza ao deixar cartelería polas rúas, ademais de “recoller mensaxes contrarias ao estipulado pola Constitución española que estipula que a forma política do Estado español é a monarquía parlamentaria”.

“Este Goberno municipal entende esta maneira de proceder como unha tentativa de manipulación da realidade, inxusta para este Executivo local, pero, sobre todo para o conxunto da cidadanía ribeirense”, segundo a concelleira Herminia Pouso na exposición de motivos. A dita moción aprobouse ao contar con 12 votos a favor (9 do PP e 3 do PBBI) e 6 en contra (4 do BNG, 1 do PSdeG-PSOE e 1 non adscrito).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...