O Concello de Ribeira adxudica a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño

24 Marzo 2026

O Concello de Ribeira adxudicou a renovación do parque infantil da rúa Castelao, en Aguiño, para así crear un espazo de ocio infantil que, segundo informou o Goberno local, “dea resposta ás necesidades actuais da rapazada da parroquia”.

As obras consistirán na retirada dos actuais elementos de xogo para crear unha nova superficie lixeiramente máis ampla, na que se colocará un equipo combinado con capacidade para uns 36 nenos e nenas (dotado de tobogán, plataformas e zonas de rube), unha randeeira dobre, dous peiraos con figuras de animais e un balancín tipo carrusel.

O Concello informou a maiores que a contorna de lecer dotarase de pavimento de caucho continuo e manterase o valado perimetral actual ao ser colocado recentemente.

Os traballos terán un prazo de execución de tres meses. O orzamento de licitación situouse nos 103.253,52 euros, con IVE incluído. A empresa Urbanismo Técnico Sostenible, S.L. resultou a adxudicataria por contar coa mellor oferta das doce que concorreron ao proceso. O prezo final do contrato é de 86.887,84 euros, con impostos, dentro do POS+2025.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.