O Concello de Noia reforza a limpeza viaria cunha nova barredora municipal

12 Marzo 2026

O Concello de Noia presentou hoxe a súa nova barredora de limpeza viaria, un vehículo que xa está a traballar polas rúas do municipio e que permitirá reforzar e ampliar os servizos municipais tanto no casco urbano como nas parroquias. Trátase dunha adquisición que o goberno local cualifica de prioritaria, xa que mellora a eficacia da limpeza e, ao mesmo tempo, supón un aforro ao reducir a necesidade de contratar servizos externos.

O concelleiro de Servizos e Limpeza Viaria, Abel Pan, subliñou que a incorporación desta máquina “supón un paso moi importante para mellorar a limpeza viaria no noso municipio”, ao permitir reforzar os traballos que xa se viñan facendo e asumir tarefas que ata o de agora se encargaban a empresas alleas. Desta maneira, o Concello incrementa a súa capacidade de resposta e garante un servizo máis completo e continuo para a veciñanza, dispoñible os 365 días do ano.

A nova barredora será especialmente útil nas parroquias, onde ata o de agora era máis complexo realizar estes labores con medios propios. Entre outras funcións, poderá efectuar a limpeza xeral da vía pública, retirar restos de vexetación incrustados nas beirarrúas e colaborar na limpeza e desatasco de alcantarillas, ampliando así o abano de actuación do servizo municipal.

En canto ás características técnicas, trátase dunha barredora autopropulsada de aspiración, dotada de dous cepillos laterais con accionamento hidráulico, ademais de mangueira e tubaxe de aspiración, o que lle permite realizar os traballos con maior eficacia e versatilidade. Para Abel Pan, este investimento “mellora o servizo público e permitirá manter Noia máis limpa e coidada durante todo o ano”.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.