O Concello de Muros realiza traballos de mantemento en Agro Vello

30 Marzo 2026

O Concello de Muros continuou nas xornadas previas á Semana Santa coas accións programadas no plan de mantemento das zonas verdes, actuando nesta ocasión na área de lecer de Agro Vello, en Tal.

Dende a Concellería de Obras e Servizos, dirixida pola concelleira Laura Rivadeneira, leváronse a cabo nestes días tarefas de roza e acondicionamento no parque infantil e no entorno do centro social, así como no aparcamento da zona. Neste caso, estes traballos realizáronse a través dunha empresa externa.

Ademais, procedeuse á limpeza da pista polideportiva, co obxectivo de mellorar o seu estado e garantir un uso máis cómodo e seguro por parte da veciñanza.

Estas actuacións forman parte do traballo continuo que se realiza para manter en boas condicións os espazos públicos do concello, especialmente nesta época na que a vexetación medra con máis intensidade, segundo informou o Concello.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.