O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención para sufragar os custes do persoal de museos

11 Marzo 2026
A entrada do Pazo de Goiáns, en Boiro

O Concello de Boiro recibe da Deputación da Coruña unha subvención por importe de 36.000 euros para financiar os gastos de persoal técnico de atención a museos durante o ano 2026. Esta axuda vaise destinar ao servizo prestado no Centro Arqueolóxico do Barbanza e o Pazo de Goiáns.

Segundo explicou o Concello, o obxecto desta subvención é “contribuír a sufragar os gastos derivados do persoal para a coordinación e atención a museos e centros museísticos durante o ano 2026, en particular no concello de Boiro disponse de dous centros con estas características que son o Pazo de Goiáns e o Centro Arqueolóxico do Barbanza”.

O Centro Arqueolóxico do Barbanza está cualificado como colección visitábel de contido arqueolóxico e a zona arqueolóxica de Neixón está declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

O Pazo de Goiáns e a súa contorna conta cun gran interese patrimonial e tamén cultural por ser un espazo no que se desenvolven ao longo do ano numerosas visitas e actividades destinadas ao público xeral.

Mediante esta axuda vanse sufragar os custes do persoal que desenvolve a atención ao público e visitas guiadas nos dous centros, así como a coordinación de actividades e exposicións que se desenvolven nos espazos.

Outros artigos

Rianxo pon a punto as súas praias logo dos estragos dos temporais

O Concello de Rianxo está a traballar arreo estes días, a través do seus servizos de limpeza, obras e mantemento, para corrixir os estragos causados polo tren de temporais do pasado inverno. Ademais, grazas á axuda recibida de mans da Deputación da Coruña, de cara ao...

+

Tempo estable o sábado con sol e suba das temperaturas

Galicia manterase este sábado baixo a influencia das altas presións, cun claro dominio do vento do nordés que deixará unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica na maior parte do territorio. Agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados en xeral, aínda que pola...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.