O Concello de Boiro finaliza as obras de instalación de rueiros no lugar de San Mauro

27 Marzo 2026

O Concello de Boiro finaliza as obras para a instalación de rueiros en San Mauro, unha actuación que forma parte do proxecto de instalación de rueiros en Runs e San Mauro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz, visitaron o lugar para coñecer o resultado final das obras.

As actuacións levadas a cabo contemplaron a pavimentación e instalación de rueiros coa dotación de rede de saneamento de augas pluviais e rede de abastecemento, substitución das luminarias existentes por outras LED e execución de pavimento continuo de formigón con pavimento de lousas de granito e pavimento de lastros de granito.

O proxecto completo, que continuará agora coa instalación e rueiro no lugar de Runs, ascende aos 429.865,99 euros e conta co financiamento da Deputación da Coruña mediante o POS+ de obras e servizos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.