O Comité logra arrincarlle a Eolo unha suave brisa e completa dúas probas na xornada dominical da clasificatoria de Optimist en Portosín

15 Marzo 2026

O Comité de Regatas, do mesmo xeito que na xornada inaugural da clasificatoria de Optimist organizada esta fin de semana polo Real Club Náutico Portosín, logrou finalmente arrincarlle a Eolo unha lixeira brisa mariña na ría de Muros e Noia, onde o vento volveu mostrarse esquivo durante gran parte do día.

Tras varios intentos e buscando a mellor localización sobre a lámina de auga para montar o campo de regatas, o comité conseguiu completar dúas novas probas para o Grupo Amarelo e a estrea competitiva para o Grupo Azul.

Marta Dominguez

Con tres mangas disputadas en total para o grupo principal da vela infantil, o triunfo en Sub16 Masculino foi para Alejandro Alonso, do Monte Real Club de Iates de Bayona, que sumou 6 puntos grazas aos seus parciais de 1-2-3. Moi preto terminou José Luís Ríos, do Real Club Náutico de Vigo, con 7 puntos, mentres que o terceiro posto foi para Pablo Gago, do Real Club Náutico da Coruña, con 22 puntos.

En Sub16 Feminino a vitoria foi para Aroa Pérez, do Real Club Náutico de Sanxenxo, que con 33 puntos (14-10-9) impúxose na categoría a pesar de competir aínda como Sub13. A segunda posición foi para Lara Durán, tamén do náutico sanxenxino, con 45 puntos, e o terceiro posto para Martina Fernández, do Real Club de Mar de Aguete, con 58 puntos.

En Sub13 Masculino o primeiro posto foi para Martín Barros, do Monte Real Club de Iates de Bayona, con 38 puntos. Seguíronlle Nicolás Agra, do Real Club Náutico de Sanxenxo, con 57 puntos, e Adrián Mato, do Real Club Náutico de Vigo, que pechou o podio con 72 puntos.

En Sub13 Feminino o triunfo volveu ser para Aroa Pérez, do Real Club Náutico de Sanxenxo, que asinou unha destacada actuación con 35 puntos. A segunda praza foi para Olivia Torres, do Real Club Náutico de Vigo, con 98 puntos, e a terceira para Martina Casanova, tamén do club vigués, con 125 puntos.

No Grupo Azul Masculino o primeiro posto foi para Gaspar Zarauza, do Real Club Náutico de Sanxenxo, seguido por Jaime Lago, do Monte Real Club de Iates de Bayona, e Álvaro Pendas, do Real Club Náutico da Coruña.

En Azul Feminino a vitoria foi para Lucía Fernández, do Real Club Náutico de Vigo. A segunda posición ocupouna Teresa-Matilde Valeiras, tamén do club vigués, mentres que o terceiro posto foi para Olivia Gea, do Real Club Rodeira de Cangas.

A cita de Portosín foi ademais a última proba clasificatoria para a conformación da clasificación da clase Optimist en Galicia.

Tras a disputa das distintas clasificatorias, os regatistas seleccionados para formar parte do Equipo Galego de Optimist son:

Real Club Náutico da Coruña: Pablo Gago, Federico Pardo, Emma Pérez-Roig, Rosa Rivero, Hugo Nieto e Blanca Solórzano.

Real Club Náutico de Vigo: José Luís Ríos, Yago Cordero, Guillermo García e Roque Gómez.

Monte Real Club de Iates de Bayona: Alejandro Alonso e Martín Barros.

Real Club Náutico de Sanxenxo: Nicolás Agra, Adriana Santos, Lara Durán, Gabriela González-Solla, Aroa Pérez e Alba Gómez.

A entrega de premios celebrouse ás cinco da tarde nas instalacións do club organizador e contou coa presenza do presidente do Real Club Náutico Portosín, José Codesido; a directora territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, María del Mar Ferreiro; o concelleiro de Deportes do Concello de Porto do Son, Carlos Lorenzo; o comodoro do club portosinense, Miguel Reboreda; o secretario da Clase Optimist, José Gómez; e o técnico municipal de Deportes, Luís Otero.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...