O comercio local do Barbanza únese a Amicos para tecer unha rede inclusiva arredor do autismo

12 Marzo 2026

A asociación Amicos presentou na mañá deste 12 de marzo, no seu Centro de Atención Integral de Boiro, a campaña de sensibilización que desenvolverá este ano con motivo do Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, que se conmemora o próximo 2 de abril. Baixo o lema Rede que inclúe, a iniciativa busca visibilizar o Trastorno do Espectro Autista (TEA) implicando desta volta ao tecido empresarial da comarca. A campaña desenvólvese coa colaboración de varias asociacións de empresarios do Barbanza e arredores, que participarán activamente na súa difusión a través do comercio local.

O acto de presentación estivo conducido polo director xeral de Amicos, Xoán España, polas responsábeis de centros Pilar Sampedro e Nuria Fernández, e pola alumna do CEEPR Amicos, Mariana Zurita, que foi tamén unha das protagonistas do encontro. Á presentación asistiron ademais Tomás Estévez, xerente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), e Karen Misela, membro da Xunta Directiva de Amicos.

Durante o evento explicouse o funcionamento da campaña, que inclúe a distribución de bolsas agasallo entre a clientela dos establecementos participantes. Para conseguilas, as persoas que realicen compras entre o 23 de marzo e o 12 de abril deberán gardar o seu tícket e trocalo logo no caseto informativo de Amicos, que percorrerá os municipios de Ribeira,

Padrón, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Noia e Porto do Son entre o 28 de marzo e o 11 de abril. En total, a entidade prevé repartir arredor de 4.000 unidades ao abeiro desta iniciativa.

A ilustración que decora as bolsas procede do concurso escolar de debuxo Autismo en liña, no que participaron máis dunha decena de aulas de distintos centros educativos da comarca. A proposta seleccionada foi a elaborada por Mencía, alumna de 5º curso do Colexio Bayón de Ribeira, quen representou a súa visión do autismo a través da expresión artística.

Durante o acto, Mariana Zurita adiantou que “tamén enviaremos material e actividades para traballar nas aulas e sensibilizar sobre o autismo. Esperemos que os centros escolares se animen e as compartan en redes sociais. Aos concello pedirémoslles que iluminen de azul os seus edificios máis importantes e que coloquen unha pancarta de apoio ao autismo”.

Pola súa banda, Tomás Estévez subliñou que “esta campaña traballa a concienciación nos alumnos e nas familias sobre a visibilización do autismo, a diversidade, o coidado mediambiental con este tipo de bolsas reutilizábeis, a importancia do comercio local… Son fíos transversais que se van unindo e que conflúen en moitas das actividades e propostas que facemos as patronais, e por iso estamos aquí apoiando e sumándonos a esta iniciativa”.

Accesibilidade tamén nos espazos naturais

No marco desta campaña, Amicos celebrará tamén o próximo 26 de marzo o acto central na sede do Parque Nacional Marítimo–Terrestre das Illas Atlánticas para presentar as adaptacións realizadas na illa de Sálvora en materia de accesibilidade cognitiva.

Esta acción permitirá adaptar o entorno natural mediante pictogramas e sinalización visual, co obxectivo de mellorar a comprensión do espazo e facilitar a autonomía e a inclusión de todas as persoas que visiten este enclave natural.

Con iniciativas como Rede que inclúe, Amicos continúa traballando para “tecer alianzas entre entidades sociais, centros educativos e tecido económico, promovendo unha sociedade máis

informada, accesíbel e inclusiva”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...