O Centro Cultural Vicente Vidal celebra o 4 de abril o 60º aniversario do descubrimento do Casco de Leiro

25 Marzo 2026

Seguen os actos conmemorativos arredor do Casco de Leiro. O vindeiro venres 4 de abril celebrarase nun acto multitudinario o 50ª aniversario do descubrimento deste moi relevante achado arqueolóxico. Será ás 17.00 horas no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro. O obxectivo deste encontro veciñal non é outro que render homenaxe ao veciño que descubriu o casco, José María Vicente “O Peruco”. Contarase coa presenza de Felipe Senén, arqueólogo, Álvaro Arizaga, arqueólogo, José María Vicente, veciño de Leiro e descubridor do casco, e Javier Gómez, veciño de Leiro e escritor. O acto incluirá unha vertente musical e actividades para a rapazada (as nenas e nenos que traian un debuxo do capacete -casco- levarán un agasallo).

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.