O Centro Arqueolóxico do Barbanza organiza un obradoiro de tecido para adultos

25 Marzo 2026

O Centro Arqueolóxico do Barbanza acollerá un obradoiro de tecido dirixido a persoas adultas interesadas nas técnicas artesanais da antigüidade.

A actividade celebrarase o sábado 11 de abril en xornada de mañá e tarde, cun total de sete horas e media de duración. Durante o obradoiro, as persoas participantes poderán coñecer os materiais, ferramentas e procesos tradicionais empregados na elaboración de tecidos, ademais de aprender nocións básicas de fiado e tecedura.

O curso será impartido por Miriam Fernández Otero, de Clío Gestión Cultural, e ao remate cada asistente levará unha pequena mostra do traballo realizado.

A actividade conta cun máximo de 10 prazas, polo que é necesario realizar inscrición previa a través da web do centro.

Outros artigos

Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.