O BNG reclama ao Goberno local que “actúe para frear a peor vaga de roubos que sofre Ribeira”

13 Marzo 2026

O BNG de Ribeira emitiu un comunicado no que reclama ao Goberno municipal que “poña en marcha medidas reais para frear a peor vaga de roubos de Ribeira” que se vén producindo desde hai xa varios meses e que, segundo recordan, “está a afectar a vehículos, negocios e vivendas”, sinalou a agrupación, engadindo que “nos últimos meses sucedéronse múltiples roubos en distintos barrios e parroquias do municipio, con especial incidencia en coches estacionados na vía pública e en garaxes, así como en establecementos comerciais e mesmo en vivendas, xerando unha crecente preocupación entre a veciñanza e o tecido económico local”. O BNG lembra que estamos a falar de “centos de persoas afectadas por estes feitos delituosos que se repitan semana tras semana, provocando unha evidente sensación de inseguridade entre comerciantes e residentes”.

O BNG lembra no comunicado que en febreiro “tendeu a man co obxectivo de analizar o problema” e “coordinar medidas que permitiran atallar a situación”. Porén, os nacionalistas denuncian que “desde aquela, non se produciron avances nin se trasladou información algunha á Corporación Municipal nin á veciñanza sobre as actuacións que se están levando a cabo”.

“O Goberno municipal non está a dar explicacións pero o máis preocupante é que tampouco está adoptando medidas para facer fronte a esta situación”, sinala o portavoz do BNG e ex-alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral que compareceu acompañado do grupo municipal. O ex-rexedor engade que “non se nos informa sobre se hai reforzo policial ou se se está coordinando algunha actuación co resto das administracións; o silencio e a inacción do Goberno municipal son incomprensíbeis”.

O Bloque considera que “a celebración dunha Xunta de Seguridade Local só valeu para que haxa una foto máis da señora Sampedro pero non deu lugar a ningunha medida coñecida nin a ningún plan de actuación, algo que evidencia a falta de iniciativa do executivo local”.

Para os nacionalistas, o Goberno local “non pode limitarse a esperar a que a situación se resolva por si soa mentres continúan producíndose roubos que afectan xa a centos de persoas no municipio”.

No comunicado o BNG sinala que “durante a etapa de goberno nacionalista tomaron moi en serio este tema e ampliáronse os efectivos e os medios da Policía Local, completando o cadro ata acadar 27 axentes en activo e 12 auxiliares, ademais da incorporación dun novo vehículo policial, mellorando así os recursos municipais destinados á seguridade”. Apuntan tamén “que cando se produciron problemas graves de convivencia, como ocorreu no edificio ocupado das Avesadas, o goberno encabezado por Luís Pérez Barral actuou con dilixencia e conseguiu resolver unha situación problemática que había anos preocupaba á veciñanza”.

“Sabemos que é unha situación difícil, mais nós demostramos que con traballo e medidas poden resolverse boa parte dos problemas. O que Ribeira necesita é un goberno que lidere e que traballe para resolver os problemas da xente, non un goberno máis preocupado por facerse fotos e facer que fai”, afirman.

Pérez Barral propón “reforzar a presenza policial nas rúas como unha das medidas prioritarias para facer fronte á vaga de roubos”. Neste sentido, aposta por “incrementar o número de efectivos da Policía Local, impulsar patrullas a pé e establecer reforzos policiais en horario nocturno, así como outras actuacións que garantan unha presenza efectiva e visible que disuada a posíbeis delincuentes de cometer actos delituosos”.

Do mesmo xeito, considera “necesario impulsar medidas que permitan reducir o consumo de drogas e previr condutas aditivas, xa que a presenza de drogas na vila adoita levar aparellado un aumento da criminalidade”.

Outros artigos

Martes 14, tempo variable ao longo do día

Galicia manterase nesta xornada nunha situación de equilibrio entre altas e baixas presións, o que deixará un tempo variable ao longo do día. Durante a mañá predominarán os ceos moi nubrados, con presenza de chuvias febles en distintos puntos da comunidade. Co avance...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

“Ser optimista, estar pesimista”. José Antonio Constenla

En español usamos dos verbos (ser y estar) para expresar lo que otraslenguas, como el inglés, concentran en uno solo (to be). No es una diferenciamenor ya que nos permite distinguir entre lo permanente y lo circunstancial,entre lo que somos y lo que simplemente nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.