O BNG chama a recuperar os nomes e apelidos na súa forma orixinal galega nun acto en Santiago

11 Marzo 2026

O BNG de Compostela reunirase ás 12:30 h deste xoves, día 12 de marzo, diante dos Xulgados de Fontiñas, en Sangtiago, para facer un chamamento a todas as persoas que queiran recuperar os seus nomes e apelidos na súa forma galega. O acto, que reunirá militancia e simpatizantes, e ao que se achegará a alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, busca loitar “contra a deturpación de nomes e apelidos que, pola imposición do castelán ao longo dos séculos, e máis durante a etapa franquista, foron perdéndose e adaptando unha lóxica lonxe do galego”.

Trátase, din, “dun cambio que pretende ser máis que un xesto simbólico: unha expresión de liberdade, dignidade e coherencia coa nosa identidade colectiva”. Ademais, segundo defende a formación nacionalista, “estamos ante un exercicio de xustiza histórica, facendo visíbel a nosa riqueza lingüística e revitalizando as formas xenuínas que corren perigo de desaparecer”.

De feito, segundo estudos como a Cartografía dos apelidos de Galiza (CAG) da Universidade de Santiago (USC), algúns dos apelidos castelanizados máis frecuentes no noso país son Iglesias, Rey, Blanco, Otero e Lorenzo, no canto de Igrexas/Eirexas, Rei, Branco, Outeiro e Lourenzo.

A Real Academia Galega, dentro dos estudos realizados, implementou na súa web buscadores para corrixir tanto nomes como apelidos, explicando orixe e evolución dos casos máis significativos.

Por outra banda, desde a web do Bloque Nacionalista Galego pode accederse á información esencial da campaña na que se explica como proceder para facer realidade o cambio de nome e apelidos. Un acto sinxelo no que soamente hai que presentar un certificado literal de nacemento (no caso de persoas casadas tamén o certificado de matrimonio), cubrir un formulario que o propio BNG ten á disposición das persoas que o desexen na súa web e pedir cita no xulgado para realizar o trámite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...