O Ateneo de Santiago conmemora o luns o Ano Oteriano cunha conferencia de Víctor F. Freixanes

01 Marzo 2026

O Ateneo de Santiago programa para este luns, 2 de marzo, ás 19.30 horas, na súa sede da rúa do Vilar, 19, en Santiago de Compostela, a conferencia «Ramón Otero Pedrayo. Memoria de todas as cousas», dentro dos actos de conmemoración do Ano Oteriano.

A charla estará impartida por Víctor F. Freixanes, presidente de honra da Fundación Otero Pedrayo e membro da Real Academia Galega, quen abordará a figura e o legado intelectual de Ramón Otero Pedrayo, unha das personalidades máis relevantes da cultura galega do século XX.

Freixanes (Pontevedra, 1951) é escritor, editor, xornalista e profesor ad honorem do departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Filoloxía Románica en 1998. Catedrático en excedencia de Lingua e Literatura Galega no ensino secundario, desenvolveu unha ampla traxectoria no ámbito editorial e cultural.

Foi director xeral da editorial Galaxia entre 2002 e 2016 e codirector da revista Grial. Con anterioridade, ocupou a dirección xeral de Edicións Xerais de Galicia (1988-1993), foi director xeral de edicións do Grupo Anaya e director de Alianza Editorial S.A. entre 1994 e 1998. Presidiu a Fundación Otero Pedrayo entre 2005 e 2017, da que actualmente é presidente de honra, e forma parte da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do Consello da Cultura Galega.

Ingresou na Real Academia Galega en 2004 e exerceu como presidente da institución entre 2017 e 2025. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos recoñecementos literarios e xornalísticos, entre eles o Premio Blanco Amor, o Premio da Crítica Galega, o Premio Gonzalo Torrente Ballester ou o Premio Fernández Latorre de Xornalismo. En 2025 foi distinguido coa Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia.

A conferencia deste luns permitirá achegarse á dimensión literaria, ensaística e política de Otero Pedrayo, reivindicando a súa condición de referente fundamental na construción da identidade cultural galega contemporánea.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.