“Non todos os curas novos dos anos 70 foron franquistas” – Antón Luaces

11 Marzo 2026

Misar en galego foi o santo e sinal da oposición dos curas novos a un franquismo decadente dos anos 70 do século pasado. Nomeadamente aqueles que exercían o seu ministerio en cidades industriais coma Ferrol ou Vigo onde moitos deles complementaban a tarefa pastoral con traballos no ensino tanto público coma privado, á vez que daban voz aos primeiros sindicalistas.

Nomes coma os de Xosé Chao Rego, Antón Martínez Aneiros e moitos outros -entre eles algún coadxutor de Ribeira- chegaron a ser seguidos de preto polas autoridades eclesiásticas e mesmo as policiais, mentres que se popularizaba na cidadanía o concepto de “cura obreiro” aplicado a aqueles que confraternizaban cos traballadores das grandes empresas locais ou coas xuventudes da organización “Acción católica”, contraposición ao Frente de Juventudes, órgano xuvenil de Falange Española. 

Eran curas socialmente comprometidos que asumían, desde o seu paso polo seminario, a doutrina emanada do Concilio Vaticano II e a nova concepción derivada da ensinanza cristiá do Papa Xoan XXIII.

Non poucos destes novos curas prescindiron das roupas talares -estas quedaron de xeito máis común para os oficios relixiosos e era doado velos compartindo reunións e celebracións con estudantes e obreiros, algo que moitos párrocos e responsábeis da igrexa máis comprometida  co

franquismo imperante non admitían, como tampouco era recibido con agrado polas autoridades civís e militares e, de xeito especial, polos servizos de información da Policía e Garda Civil. Non  poucos destes novos sacerdotes foron chamados a capítulo e bastantes deles deixaron o sacerdocio para se centrar noutras actividades moitas veces complementarias do ensino ou a música, convencidos da aparente inutilidade de se enfrontar a todos aqueles empeñados en manter o status imposto polo franquismo asumido pola igrexa oficial, que non dubidara en saudar brazo en alto a todo canto significara Franco e o Movemento Nacional.

O Tribunal de Orde Pública (TOP), o cárcere e as sancións económicas estaban sempre a man para as autoridades, compartidas por curas e xornalistas, os primeiros polas homilías, os segundos polas súas publicacións en prensa e radio.

 O Concilio Vaticano II foi o camiño que os novos curas seguiron en Galicia, nun choque frontal contra o franquismo. Bo número deses sacerdotes quixeron seguir o camiño daquela igrexa “progresista”. Mais non todos chegaron á estación fin de traxecto: Franco morreu en 1975. 

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.