Noia impulsa o turismo cunha programación de Semana Santa diversa e pensada para todos os públicos

24 Marzo 2026

O Concello de Noia presenta por primeira vez unha programación de Semana Santa cun enfoque claro na promoción turística, apostando por unha oferta variada que combina lecer, cultura, natureza e tradición.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, puxo en valor o traballo realizado e destacou o potencial do destino: “Queremos que Noia se consolide como un destino con múltiples opcións para todos os públicos, onde se poida gozar do noso entorno marítimo, da natureza e dun patrimonio cultural e histórico de primeiro nivel. Esta programación, con propostas como as andainas, as visitas guiadas ou as actividades no mar, vai nesa liña.”

A axenda municipal de actividades e celebracións inclúe actividades como as andainas pola Fervenza de Argalo e o Rego das Cunchas, as visitas guiadas polo casco histórico, a experiencia Noia Plató Natural ou as saídas no balandro Joaquín Vieta, ademais da apertura da oficina de turismo no Casino.

No ámbito cultural e familiar, complétase con espectáculos como La última frecuencia no Coliseo Noela e propostas de animación infantil, ampliando as alternativas de ocio durante estes días.

Xunto a isto, a Semana Santa de Noia mantén o seu marcado carácter tradicional, cunha ampla programación de actos relixiosos e procesións, que constitúen un importante reclamo de turismo relixioso, permitindo vivir unha experiencia auténtica ligada á identidade da vila.

Pola súa parte, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, incidiu no impacto económico e na importancia dunha oferta completa: “Este tipo de programacións son clave para o impacto económico local. É importante ofrecer actividades variadas, desde cultura ata natureza ou lecer, para que quen nos visite teña unha experiencia completa e queira volver.”

Ademais, o Museo do Mar “Carmen Barcia” ampliará os seus horarios durante esta semana, facilitando o acceso a este espazo clave para coñecer a relación de Noia co mar.

Desde o Concello destacan que “esta iniciativa reforza a súa estratexia de dinamización turística, consolidando Noia como un destino atractivo tamén fóra da tempada estival”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.