Noia consegue 100.000 euros para avanzar na recuperación e posta en valor da Praza de Abastos

24 Marzo 2026

O Concello de Noia vén de obter unha subvención de 100.000 euros da Dirección Xeral de Comercio para continuar coa recuperación e posta en valor da Praza de Abastos, un espazo clave para a economía local.

O alcalde, Fran Pérez, destacou que esta achega permitirá avanzar na mellora das instalacións e na dinamización da actividade comercial, ao tempo que se traballa na obtención do distintivo de mercado de excelencia. Neste proceso, xa se investiron 35.000 euros en actuacións que posibilitarán a apertura de novos negocios, como dúas carnicerías e unha froitería.

A nova subvención permitirá destinar arredor de 60.000 euros á mellora da parte superior do edificio, incluíndo a creación dun local de hostalería, outra froitería e a renovación dos baños, cunha achega adicional municipal duns 20.000 euros. Ademais, investiranse 40.000 euros na redacción dun proxecto integral que dea solución definitiva ás deficiencias existentes.

O alcalde subliñou que estas actuacións buscan corrixir problemas derivados de intervencións anteriores que deixaron a infraestrutura incompleta e afectaron á actividade dos praceiros. Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, puxo en valor a importancia dunha xestión eficiente para desbloquear a situación e recuperar o protagonismo da praza.

Desde o Concello destacan que este novo impulso supón un paso firme cara á revitalización da Praza de Abastos, coa intención de consolidar a actividade comercial e mellorar os servizos á cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

“Carreira, sempre no corazón” – José Manuel Pena

Carreira pasou de ser un destino a un lugar de paso. Fai unhas cantas décadas, a parroquia de maior extensión e con máis antigüidade do municipio de Ribeira, era un pobo bulicioso e con gran actividade comercial e social. Un centro de lecer e diversión para persoas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.