Noia celebra o Día da Poesía na compaña cun encontro co escritor local Manuel López Rodríguez

18 Marzo 2026

A Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia vai celebrar este 21 de marzo, sábado, o Día da Poesía. A cita será ás 20.30 horas e consistirá “nun encontro moi especial co poeta Manuel López Rodríguez, nun acto retrospectivo onde se percorrerá a súa traxectoria e obra”.

Intervirán: Manuel López Rodríguez, poeta, Ramón Blanco, escritor, Manuel do Río, historiador e filólogo, e Chelo Martínez, concelleira de Cultura.

Manuel López Rodríguez, tamén coñecido como Manuel L. Rodrigues ou Manuel Lôpez Rodrigues, nado en Noia o 11 de febreiro 1978, é un poeta, artista e editor galego. Publicou os libros de poesía Antítese nativa (2008), Rompe (2020), Desde onde non nace (2020), Vangarda ule (2020), Nas pulsacións (2021), Para que non me esqueza (2021), Baixo terra. No ar (Xerais 2022), O cemiterio. A néboa (2022), A flor da letra (Estampa de lectura con percusión, para nenos e nenas) (2022), Neste mesmo intre (2023), Cruzeiro (2023) e 831-urb (Xerais 2024).

Gústalle definirse como outsider e camiñar polas periferias do verso.

Outros artigos

Belén do Campo supervisa as melloras no viario de Camboño

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Lousame, Esteban Ares, e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron este xoves 16 de abril os traballos que se...

+

Comeza en Boiro a III Feira de Emprego do Barbanza

A primeira hora deste xoves 16 e abril comezaron as actividades da III Feira de Emprego do Barbanza, unha xornada organizada polo Concello de Boiro para impulsar o talento e a economía local. Celébrase no Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.