
O Concello de Noia vai celebrar con varias actividades moi relevantes este 8M, Día Internacional da Muller.
As actividades levaranse a cabo este 7 sábado de marzo, cunha xornada “moi especial arredor do 8M, con actividades para lembrar, recoñecer e celebrar o papel das mulleres na nosa historia e na nosa sociedade”, segundo fixo saber o Concello, destacando dous momentos moi significativos:
Roteiro A Memoria das Mulleres (18.00 horas)
Durante este roteiro levarase a cabo un destacado acto de recoñecemento: o Museo do Mar pasará a chamarse Museo do Mar “Carmen Barcia”, en homenaxe á súa figura.
Ademais, a praza do paseo marítimo pasará a denominarse praza das Mariscadoras, recoñecendo a todas as mulleres do mar que durante décadas traballaron e deron vida a este espazo.
Neste acto tamén se colocará unha placa conmemorativa que oficializará o novo nome da praza.
A xornada rematará cunha festa pola igualdade (19.00 horas)
Na praza do Curro haberá obradoiros de pintado de camisetas e bolsas para pequenos e maiores e música a cargo de Rapariga DJ e Yaya DJ,
Ademais, lembrar que a partir das 10.00 horas haberá na porta do Concello un stand informativo de actividades sobre sensibilización contra a violencia sexual.
No 8 de marzo: proxección de Non é loita, si é loita
O Aula Municipal de Teatro de Noia presenta a obra Non é loito, si é loita o vindeiro 8 de marzo, ás 19:30 h, no Teatro Coliseo Noela, dentro da programación do 8M do Concello de Noia. A recollida de convites estará dispoñíbel na Casa da Cultura dende este mércores 4 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 h. Entregaranse 3 invitacións por persoa.
Trátase dunha obra dirixida polo autor local Jorge Gallardo,




