Muros chama á cidadanía a participar na andaina “Latexos de Igualdade” organizada por ADISBISMUR

06 Marzo 2026

O vindeiro luns 9 de marzo, Muros converterase nun espazo de encontro e participación coa celebración da andaina Latexos de Igualdade: Muros en Marcha polo 8M, unha iniciativa organizada por ADISBISMUR con motivo do Día Internacional da Muller.

Segundo explica a asociación inclusiva da comarca de Muros, a proposta “nace coa vontade de que a cidadanía poida participar activamente nun acto simbólico que busca visibilizar o compromiso colectivo coa construción dunha sociedade máis xusta e respectuosa”. Así, engaden, “nun contexto no que as desigualdades e as violencias que afectan ás mulleres seguen presentes, esta actividade pretende ser tamén un espazo de reflexión e de unión da comunidade”.

A andaina partirá ás 11:30 horas do Pozo do Cachón e percorrerá o paseo marítimo ata a Praza do Concello de Muros, onde se realizará un pequeno acto de peche.

Na iniciativa participarán alumnado e profesorado do IES As Insuas, IES Fontexería e CEIP Ramón de Artaza, ademais de persoas usuarias e profesionais de ADISBISMUR. A actividade conta tamén coa colaboración do Concello de Muros e co apoio de Protección Civil, que facilitará o desenvolvemento seguro da andaina.

Desde a organización destacan que “se trata dunha actividade aberta a toda a cidadanía, polo que animan á veciñanza de Muros e arredores a sumarse a este paseo colectivo”.

Ademais, convídase ás persoas asistentes a que, se é posible, leven algún elemento de cor violeta, símbolo desta xornada reivindicativa.

No caso de que as condicións meteorolóxicas non permitan a realización da actividade, a andaina non se anulará senón que se aprazará para outra data.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.