Mércores 25, nubes e claros e baixada acusada das temperaturas

24 Marzo 2026

Durante o mércores, unha fronte pouco activa rozará o norte de Galicia, deixando ceos máis nubrados nesta zona e mesmo algunha chuvia feble. Pola contra, na metade sur agárdanse ceos máis abertos.

As temperaturas mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un descenso moderado, máis acusado no norte. (máxima 13-14 graos).

En canto ao vento, soprará do nordés, con intensidade forte no litoral e nas zonas altas, e moderada no resto do territorio.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés, forza 4 a 6 á mañá e 5 a 7 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e media vaga á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.