Mar e o Clúster da Acuicultura xuntan forzas arredor da innovación

03 Marzo 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou este martes 3 de marzo un convenio de colaboración co Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) co obxectivo de impulsar accións conxuntas orientadas a avanzar na innovación, internacionalización e mellora da competitividade do sector marítimo e alimentario galego.

Trátase, segundo destacou Villaverde, “de seguir afondando na consolidación de Galicia como rexión líder europea na produción pesqueira e acuícola”. Para iso, o acordo establece un marco de cooperación para o desenvolvemento de iniciativas centradas na valorización dos produtos do mar, a promoción da calidade diferenciada e o impulso de proxectos de I+D+i que favorezan a sustentabilidade e a transformación dixital da cadea mar-industria.

Durante o acto de sinatura, a titular de Mar destacou que “a colaboración público-privada é clave para seguir xerando valor engadido, abrir novos mercados e reforzar o posicionamento dos produtos galegos tanto a nivel nacional como internacional”.

Con esta finalidade, o convenio, dotado con 185.500 euros e financiado ao 50 % polas partes, contempla tamén o desenvolvemento de accións de innovación vinculadas á transformación e comercialización de produtos do mar, organización de xornadas técnicas e accións formativas para empresas do sector e Impulso de prácticas sostibles e economía circular na industria alimentaria mariña.

A conselleira subliñou que este acordo “contribúe a fortalecer a conexión entre o sector primario e a industria transformadora, garantindo unha cadea de valor máis eficiente, sostible e competitiva”, reafirmándose así o compromiso da Xunta coa modernización do sector marítimo-pesqueiro e, dun xeito máis preciso, co elo da produción e transformación de alimentos de alta calidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...