Luns 30, segue o tempo estable con lixeiro ascenso das temperaturas

29 Marzo 2026

Continuaremos este luns 30, baixo a influencia anticiclónica, cunha situación marcada pola circulación de ventos do nordés.

Os ceos estarán máis nubrados no norte das provincias da Coruña e Lugo, mentres que no resto do territorio predominarán os ceos pouco nubrados ou despexados, con presenza de intervalos de nubes altas.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso, deixando unha xornada de ambiente suave en xeral. (17 a 21 graos nas rías).

O vento soprará de compoñente nordés con intensidade moderada, mantendo a estabilidade atmosférica na maior parte da comunidade.

meteogalicia

O noso mar; vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á noite e 4 a 5 á tarde. Marusía á mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...