Lousame clama por Zernadas: apoio unánime á súa candidatura ás Letras Galegas 2027

21 Marzo 2026

O municipio de Lousame converteuse este sábado nun clamor a prol de Diego Antonio Zernadas de Castro coa presentación oficial da campaña #EuConZernadas, unha iniciativa que busca o seu recoñecemento no Día das Letras Galegas 2027.

O acto, celebrado na Casa da Cultura Santeiros de Chave, reuniu a representantes institucionais, culturais e veciñais arredor dunha figura que todos coincidiron en definir como “precursor do galeguismo”. O alcalde, Esteban Ares García, subliñou que “Zernadas non é pasado, é a orixe”, destacando a súa defensa de Galicia, da lingua e da identidade galega “cando Galicia aínda estaba por pensar”.

A iniciativa pretende convencer á Real Academia Galega de que dedique o ano 2027 ao Cura de Fruíme, coincidindo co 250 aniversario do seu pasamento. “Non é un capricho local, é unha obriga histórica”, insistiu o rexedor, facendo fincapé na unidade política e social arredor da candidatura.

Doazón e recoñecemento á súa obra

Un dos momentos máis destacados foi a doazón dos sete tomos orixinais das obras completas de Zernadas por parte do xornalista e escritor Xosé Manuel Rivas Troitiño, quen quixo poñelos a disposición da veciñanza de Fruíme como forma de manter vivo o legado do autor.

Pola súa banda, o escritor e ensaísta Xulio Pardo de Neyra reivindicou a relevancia histórica de Zernadas, ao que cualificou como “un dos pais do galeguismo” e unha figura clave por “incorporar as letras galegas á lírica do barroco europeo”. Ademais, destacou o seu papel pioneiro no ámbito xornalístico.

Música e cultura para reivindicar a súa figura

O evento incluíu tamén a proxección dun vídeo promocional dirixido por Luís Avilés e actuacións musicais a cargo de Iris Gey López, que interpretou poemas de Zernadas musicados, incluíndo unha peza inédita.

A artista puxo en valor a valentía do autor ao escribir en galego nun contexto adverso, lembrando que foi unha figura clave para abrir camiño a autores posteriores como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez ou Eduardo Pondal.

Apoio institucional e social

A presentación contou cun amplo respaldo institucional, con presenza de representantes políticos de distintas formacións e membros do tecido asociativo local, especialmente da Asociación de Veciños Cernadas de Castro.

O acto concluíu cun chamamento colectivo a sumarse á campaña #EuConZernadas nas redes sociais, co obxectivo de recadar apoios en toda Galicia e reforzar a candidatura ante a Real Academia Galega.

Con esta mobilización, Lousame aspira a saldar unha débeda histórica cunha figura fundamental da cultura galega, reivindicando o seu lugar como un dos primeiros defensores da lingua e identidade de Galicia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.