Investigan o atropelo dun mozo nun paso de peóns no centro de Boiro tras darse á fuga o condutor

15 Marzo 2026

Un mozo resultou ferido na noite de onte tras ser atropelado por un turismo no casco urbano de Boiro, nun accidente no que, segundo as testemuñas, o condutor do vehículo implicado abandonou o lugar sen deter a marcha.

O suceso produciuse poucos minutos despois das once da noite nun paso de peóns situado diante da Casa Consistorial, na Rúa Principal de Boiro, vía pola que discorre a estrada comarcal AC-305.

Varias persoas presenciaron o atropelo e alertaron aos servizos de emerxencia, chegando mesmo a indicar que o mozo podería estar inconsciente tras o impacto. Desde o 112 Galicia mobilizouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais atenderon ao ferido no lugar antes de trasladalo ao Hospital do Barbanza.

Aínda que o mozo se atopaba liberado e accesible, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse tamén a colaboración do Servizo Municipal de Protección Civil.

Mentres tanto, os axentes da Policía Local de Boiro iniciaron as investigacións para esclarecer o sucedido, xa que todas as testemuñas coincidían en que o vehículo implicado abandonara o lugar tras o atropelo.

Pouco despois, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para informar da presenza dun turismo cun golpe no parabrisas nas proximidades do cemiterio. Con esta información, os xestores do centro de emerxencias trasladaron o aviso á Policía Local, que se desprazou ata a zona para comprobar se o vehículo podería estar relacionado co atropelo.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.