“Inseguridade Social” – José Manuel Pena

03 Marzo 2026

A Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e de Traballo da UE (Eurofound) sinala que “os sentimentos de inseguridade en varios aspectos da vida da poboación europea están estendidos, mesmo entre as persoas que están materialmente acomodadas. Os responsables políticos deben ter en conta estas inseguridades para entender mellor as preocupacións e os descontentos da cidadanía”.

Este coñecemento pode contribuír de maneira positiva á elaboración de políticas sociais e laborais. A pesar de que, en xeral, mentres moitas persoas en Europa están a un nivel material relativamente acomodado en comparación con persoas doutras partes do mundo, os sentimentos de inseguridade poden representar unha rega para a calidade de vida. Así son moitas as inseguridades: a inseguridade persoal; a inseguridade respecto á vivenda; a inseguridade respecto á asistencia sanitaria; a inseguridade laboral e a inseguridade respecto aos ingresos na vellez, entre outras.

No propio documento de reflexión da Comisión Europea tamén se sinala que o emprego pode protexer das inseguridades coa achega de ingresos e dunha mellor protección social, mediante, por exemplo, o seguro de desemprego, a acumulación da pensión, o seguro de accidente e o seguro de saúde, ademais dos dereitos sociais básicos que non dependen do emprego. Con todo, o Pilar Europeo dos Dereitos Sociais recoñece que o emprego non sempre protexe contra a pobreza, e esixe aos responsables políticos que aborden este tema de maneira real e eficaz.

En relación ao caso da inseguridade respecto á vivenda, o Eurofound sinala que “os responsables políticos deberían prestar especial atención ás persoas no rango inferior da distribución de ingresos que viven en vivendas alugadas do mercado privado”.

Outros artigos

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.