Galiza Nova, crítica co monólito da praza do Centenario

27 Marzo 2026

A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, realizou este venres 27 de marzo unha acción de denuncia publica pola instalación dun monólito en honra á monarquía española na praza do Centenario. 

A organización xuvenil cualificou este acto como “unha mostra do carácter reaccionario do Partido Popular e do Partido Barbanza Independente” e “unha ofensa á identidade do pobo galego”. 

Gabiás lembrou que o monumento fora inaugurado no seu día por Xoán Carlos de Borbón, a quen definiu como “corrupto e prófugo da xustiza”. Para Galiza Nova, “a pervivencia destes símbolos é incompatible cos valores democráticos actuais” e “a monarquía representa unha institución anacrónica que ninguén elixiu e que se sustenta na opresión dos pobos”.

Durante a súa intervención, o secretario xeral quixo poñer o foco na realidade social do concello, contrapoñendo o esforzo da veciñanza coa “decisión real” que conmemora o monólito:

“O progreso de Ribeira é froito do traballo das mariñeiras, do comercio, da hostalaría e da industria. Ribeira non medra por designacións reais alleas á súa realidade, senón polo esforzo constante do seu pobo. Levantar este monólito en troques de pór en valor á cidadanía di moito de en que lado están o PP e o PBBI”.

Galiza Nova aproveitou o acto para reivindicar a República Galega como “a única vía para garantir un futuro de liberdade para a mocidad”e. Segundo Gabiás, os espazos públicos deben servir para homenaxear a quen “verdadeiramente o merece” e non para perpetuar figuras que “nada teñen que ver coa nosa identidade e coa vontade do pobo”.

A xornada concluíu cunha acción simbólica de resignificación do monólito e de recoñecemento ao pobo de Ribeira, reafirmando “o compromiso da organización cunha Galiza soberana e dona do seu propio futuro”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...