Formoso destaca en Ribeira que o Plan Único financiou 603 obras nos concellos do Barbanza

12 Marzo 2026

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Plans, Cristina García, presentaron este 12 de marzo en Ribeira os investimentos do Plan Único (POS+) nos municipios do Barbanza, nun acto institucional no que estiveron acompañados pola alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro. Durante o encontro analizouse o impacto deste programa provincial nos once concellos incluídos pola Deputación na comarca (Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira) e destacouse o papel do POS+ como principal ferramenta de financiamento municipal impulsada pola institución provincial.

Formoso explicou que o POS+2026 supón este ano unha achega de máis de 11 millóns de euros para os concellos do Barbanza, uns fondos “que permitirán mellorar infraestruturas municipais, reforzar servizos públicos e financiar programas sociais nos municipios da comarca”. O presidente provincial destacou que o Plan Único consolidouse nestes anos como “a principal ferramenta de investimento da Deputación nos concellos, xa que permite que cada municipio decida con plena autonomía o destino dos fondos provinciais segundo as súas necesidades”.

Formoso lembrou tamén “a necesidade de mellorar o financiamento municipal en Galicia” e sinalou que “só a través do Plan Único a Deputación investiu o pasado ano 138 millóns de euros nos concellos da provincia da Coruña, unha cifra que supera en 20 millóns de euros á que a Xunta de Galicia destina ao conxunto dos 313 concellos galegos a través do Fondo de Cooperación Local”. Así, reclamou á Administración autonómica “que incremente este fondo ata acadar un mínimo de 200 millóns de euros, co obxectivo de reforzar a capacidade financeira dos municipios”. E engadiu: “Estamos nun momento no que os concellos están a asumir cada vez máis custos para manter servizos básicos e isto reduce a marxe para facer novos investimentos”.

O presidente provincial destacou tamén o importante impacto que o Plan Único está a ter no Barbanza. Desde a creación do POS+ en 2017 mobilizáronse na comarca máis de 111,2 millóns de euros, que “permitiron financiar 603 obras nos once concellos, contribuíndo á mellora de infraestruturas, equipamentos e servizos públicos municipais”, dixo.

Pola súa banda, a deputada de Plans, Cristina García, subliñou que o POS+ é “a única forma na que entendemos a cooperación cos concellos”, ao apostar por un modelo baseado na autonomía municipal, na confianza nas administracións locais e nos criterios de obxectividade.

Así mesmo, expresou que todos os concellos da provincia merecen “o mesmo apoio, sexa cal sexa a súa cor política. O POS funciona con criterios obxectivos, públicos e iguais para todos”, apuntou.

A alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, destacou que a cooperación entre administracións “é fundamental”. Puxo en valor o POS como “ferramenta fundamental para executar obras coas que dar servizos á nosa veciñanza. Eses servizos básicos que van dende abastecementos e saneamentos a pavimentacións”. Ademais, salientou que este plan permita financiar gasto corrente, “un dos maiores problemas que temos os concellos para cadrar o orzamento municipal”.

Tralo encontro institucional celebrado no Concello de Ribeira, o presidente da Deputación, a deputada de Plans e a alcaldesa visitaron as obras de construción dos novos vestiarios do Campo de Fútbol de Oleiros, actualmente en execución. A Deputación inviste 151.101 euros nesta actuación, unha das 127 obras impulsadas en Ribeira con cargo ao Plan Único. Unhas actuacións que se estenden por todas as parroquias e núcleos do municipio, con investimentos destinados á mellora da rede viaria e dos servizos básicos en lugares como Aguiño, Corrubedo, Carreira, Oleiros ou Castiñeiras, entre outros.

O Plan Único permitiu tamén actuar na renovación de pavimentos e redes de abastecemento e saneamento de auga, na creación ou mellora de beirarrúas, prazas e espazos públicos e no acondicionamento de instalacións deportivas e culturais.

Investimentos do Plan Único na comarca do Barbanza

Boiro

POS+ 2026: 1.403.036,27

POS+ 2017-2026: 14.292.726,34

Número de obras: 61

Carnota

POS+ 2026: 648.467,12

POS+ 2017-2026:6.525.781,36

Número de obras 43

Lousame

POS+ 2026: 731.599,68

POS+ 2017-2026: 7.493.292,21

Número de obras: 51

Mazaricos

POS+ 2026: 1.196.641,58

POS+ 2017-2026: 11.282.289,42

Número de obras: 31

Muros

POS+ 2026: 883.509,95

POS+ 2017-2026: 8.716.109,31

Número de obras: 42

Noia

POS+ 2026: 956.926,40

POS+ 2017-2026: 9.077.467,04

Número de obras: 36

Outes

POS+ 2026: 914.754,27

POS+ 2017-2026: 8.818.417,05

Número de obras: 79

Pobra do Caramiñal (A)

POS+ 2026: 714.617,41

POS+ 2017-2026: 6.786.934,28

Número de obras: 31

Porto do Son

POS+ 2026: 1.040.785,92

POS+ 2017-2026: 10.381.123,62

Número de obras: 61

Rianxo

POS+ 2026: 907.021,04

POS+ 2017-2026: 8.970.945,61

Número de obras: 41

Ribeira

POS+ 2026: 1.689.902,62

POS+ 2017-2026: 18.932.288,62

Número de obras: 127

Total

POS+ 2026: 11.087.262,26

POS+ 2017-2026: 111.277.374,86

Número de obras: 603

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.