Este venres inaugúrase no Casino de Noia a mostra “Isaac Díaz Pardo – Luz e Compromiso”

13 Marzo 2026

Este venres, 13 de marzo inaugúrase no Edificio Casino de Noia, ás 20.30 horas, a exposición Isaac Díaz Pardo: Luz e Compromiso. No acto intervirán a concelleira de Cultura, Chelo Martínez Pérez, e Maka Arca, comisaria da exposición.

A mostra reúne paneis que percorren a vida e a traxectoria de Isaac Díaz Pardo, creador de Sargadelos, desde o seu nacemento ata a súa morte, achegando ao público unha visión completa do seu importante e inxente legado artístico, cultural e intelectual.

A exposición está comisariada pola profesora Maka Arca, coa colaboración da profesora Ana M. Mosquera. A mostra poderá verse no Casino até o 10 de abril, en horario de 11.00 a 14.00 horas.

Isaac Díaz Pardo (1920-2012) é unha figura clave para entendermos a cultura galega contemporánea. Marcado pola morte do seu pai a mans dos sublevados no ano 1936 e pola súa relación cos galegos exiliados en América, dedicou toda a súa vida á recuperación da memoria en Galicia a través das súas empresas.

Isaac Díaz Pardo nace en Santiago de Compostela o 22 de agosto do 1920 e morre na Coruña o 5 de xaneiro do 2011. Fillo de Camilo Díaz Baliño, famoso escenógrafo, pintor e cartelista, o obradoiro de seu pai foi lugar de reunión por onde pasaron tres xeracións de políticos, intelectuais e artistas, entre eles Castelao e Luis Seoane.

Isaac Díaz Pardo foi empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Como escritor deixou ensaios sobre arte, economía, historia, ademais de poesía e teatro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.