En Ribeira, un mercado solidario recadará fondos a favor de Ágape, este sábado 28

25 Marzo 2026

A Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape) desenvolverá un mercado solidario no sábado, 28 de marzo, para recadar fondos para o desenvolvemento da súa actividade; unha iniciativa na que contan coa colaboración do Concello de Ribeira, a academia Liberty e de Abraham Benítez. Varios stands con adornos de xardinería, complementos e artesanía, entre outros, disporanse na avenida do Malecón (na esquina coa rúa Rosalía de Castro), en horario de 10.00 a 14.00 horas.

A presidenta de Ágape, Ana Ruth Arnoso, explicou que haberá variedade de produtos para mercar, incluídos, cousas típicas de Pascua. “Non é só mercar unha prenda de roupa ou un bolígrafo, é moito máis. É colaborar no benestar e na xustiza social das familias do Barbanza, en concreto, das familias de Ribeira”, precisou.

Pola súa parte, o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, puxo en valor este tipo de propostas do tecido asociativo local que buscan “redundar positivamente no conxunto da sociedade”. Neste senso, reafirmou o compromiso da Administración local coas iniciativas das distintas entidades sociais que operan no concello.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.