Elisabeth Oliveira presenta no Ateneo Valle-Inclán “As ninguén” (este venres ás 20.30h)

09 Marzo 2026

O Ateneo Valle-Inclán de Ribeira (Café Bar Plaza) vai acoller esta semana unha nova presentación literaria. Desta volta a protagonista é a escritora Elisabeth Olivera, que dará a coñecer o seu máis recente libro, As ninguén. Será este venres 13 de marzo ás 20.30 horas. Contarase coa presenza da autora e máis de Encarna Pego, vicepresidenta da Asociación Cultural Barbantia, Antonio Lijó, secretario do Ateneo Valle-Inclán. A presentación vén da man da editorial Belagua e a AC Barbantia.

Elisabeth Oliveira (Roubaix, Francia, 1971)
De nai e pai portugueses, chegou a Galicia en 1995 para namorar desta terra e non querer marchar nunca. Licenciada polas Universidades de Lille III (Letras Modernas) e a USC (Filoloxía Francesa), actualmente exerce como tradutora e profesora nun IES de Pontevedra.

En 2016 publicou o seu primeiro poemario, Poesis, un libro-CD en catro idiomas (galego, portugués, castelán, francés) con cancións tamén nesas linguas. En 2019 viu a luz o poemario Náufragas no mar e na terra (Urutau), dedicado ás mulleres.

Participou en varias antoloxías, a última delas Libres e Vivas (Galaxia, 2021) xunto a outras nove autoras galegas, así como en numerosos festivais (Kerouac, Poesía Salvaxe, Entreverbas…), recitais e intervencións (Océano mar, no Museo de Pontevedra; Verbas de muller, no Teatro Municipal; Verbas pola Paz, na Deputación de Pontevedra, etc.).

Foi finalista do premio Jovellanos ao mellor poema do mundo en 2017.

Transita na poesía e na prosa ao son das catro linguas que fala, con predominio da lingua galega.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...