“Dous traballadores galegos, Amador e Daniel, e un 10 de marzo inesquecible” – Antón Luaces

10 Marzo 2026

Agás que cadrara en domingo, o 10 de marzo nunca foi un día festivo en Galicia. Sen  embargo dende o 10 de marzo de 1973, o mundo obreiro e sindical revive as circunstancias rexistradas nesa data de 1972 na que os traballadores do estaleiro Bazán, de Ferrol, levaron á rúa as protestas que se afortalaban nas gradas, nas asembleas non autorizadas -pero asumidas- polos sindicatos daquela ilegais e a propia dirección da empresa, que ben sabía o que se “cocía” en cada quenda de traballo formulando a necesidade de melloras sociais e laborais: era a negociación do novo convenio de Bazán. 

 Ese 10 de marzo de 1972 na estrada quedaron os corpos sen vida de Amador Rey e Daniel Niebla, participantes nas mobilizacións, abatidos polos disparos da policía franquista. Outro medio cento de traballadores resultaron feridos de distinta consideración por armas de fogo. Nacía unha data reivindicativa que se mantén  a día de hoxe,

Uns días antes, o 7 de marzo, o sindicato vertical asinara en Madrid un convenio que os traballadores de Bazán Ferrol non recoñecían: reclamaban un convenio de seu. Por riba, a empresa decidira despedir a José María Riobó, Manuel Amor Deus, Ramiro Romero, José Díaz Montero, José Miguel Deus e Alfonso Couce, membros de CC.OO. A todos eles prohibíuselles acceder á factoría. Mesmo os gardas de seguridade do estaleiro agrediran a Ramiro Romero  por se negar a asinar a  notificación da sanción proposta. Esta acción levou a enfrontamentos entre os traballadores e os gardas de seguridade na entrada do estaleiro.

Ás sete e media da mañá do día 10 estaban concentrados diante das portas (que permanecían pechadas) da factoría uns  catro mil traballadores que acordaron manifestarse ata o polígono de Caranza para se xuntaren aos traballadores de Astano. Nas Pías, a policía cargou contra estes, que respostaron co lanzamento de pedras. Foi cando a policía disparou contra deles.

En folga solidaria, as empresas da zona pecharon as portas.

Houbo un paro total ata o 20 de marzo,  cando Bazán abriu novamente as portas. 

Foron dous traballadores mortos, 16 feridos de bala e ducias por outras lesións, 160 despedidos, 101 detidos, 60 encarcerados e 54 multados con entre 50.000 e 250.000 pesetas. O acontecido  nunca pasou polos xulgados. Ninguén asumiu cargos pola morte de dous traballadores nin polos feridos. A data do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega só ten o valor testemuñal da loita obreira en Galicia.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.