
Esta é unha das consignas coreadas nas concentracións de centos de médicos galegos en todos os centros hospitalarios da comunidade autónoma a prol do Estatuto Marco e que ten un seguImento desigual en función das fontes consultadas: mínimo, segundo o SERGAS (Consellería de Sanidade) e de arredor dun 20% en atención hospitalaria e primaria, en base ao que difunden os sindicatos convocantes. O sindicato O’Mega (cun apoio do 22%) cifra o seguImento destes primeiros días da semana actual nun 82%.
A sanidade galega afronta esta semana de folga indefinida que cumpre dúas semanas con respostas desiguais nas quendas de traballo de mañá e tarde. Os facultativos insisten na precariedade na que traballan, facendo moitas máis horas ao ano ca o resto do persoal sanitario. Urxen un estatuto que regule as condicións destes profesionais e reclaman á Xunta que habilite os medios para que os médicos poidan traballar dun xeito digno porque a sobrecarga actual é tan grande que non son quen de dar a axeitada atención aos usuarios, as listas de agarda aumentan mesmo en Atención Primaria, e os PAC e Urxencias hospitalarias están “desbordados”. Unha situación grave tanto para os profesionais como para os usuarios, porque “atenta contra a súa saúde e a da dos usuarios, que non reciben a atención que merecen”, proclaman ks convocantes destas mobilizacións, que se laian de que este sexa un “conflito político” entre o Goberno central e as Comunidades Autónomas, que “ten aos médicos no medio”.
A folga afecta asimesmo a servizos fundamentais nos centros sanitarios como son as oficinas do doente -encargadas de recepcionar as queixas e reclamacións dos usuarios- e, obviamente, aquelas outras funcións polas que o doente acode a un centro de asistencia médica para recibir a atención que precisa.



