“De riola por Lugo” – Xulio Xiz

25 Marzo 2026
Diante da piscina romana

Lamas Carvajal sitúa entre os temas vitais deste pais, na Riola por Galicia, a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia, e a Muralla romana de Lugo. Destes e outros temas faleilles ao medio cento de membros do Instituto de Estudos Bergantiñáns, que o sábado visitaron Lugo e me acolleron como guía para adentrarse no Lugo do corazón e da vida.

Fomos primeiro ao Vello Cárcere, para facerlles sentir o que eu sinto naquel edificio creado para a represión e o peche, reconvertido en casa da Cultura e liberdade.

Visitamos as estatuas de Pelúdez e Fole; estivemos diante da casa do concello, e arredor do Palco da Música e da piscina romana de Santa María. Preguntáronme pola Banda de Música, e diante da triste realidade faleilles de Xoan Montes e o seu triángulo vital conformado polo palco, o Círculo e a Catedral.

Visitamos os museos da Casa dos mosaicos, o Mitreo e a Porta Miñá, que conforman unha magnífica visión do pasado romano. E subimos á muralla camiñando un treito para apreciala libre de edificios por fora, con importantes carencias aínda pola Ronda interior. A tarde, dedicárona ao Museo Provincial.

A xornada, para eles gratificante, para min bálsamo vital que teño que repetir, aconsélloa para calquera habitante desta urbe bimilenaria que sinta agarimo polas pedras que pisamos, polo que aínda agochan (Roma segue estando debaixo), pola herdanza monumental que pode chegar a abrumarnos, e pola certeza dun futuro brillante se seguimos incrementando os elementos que lembran e honran o noso pasado.

Para este turismo cultural, consciente e entendido, en constante incremento, Lugo é unha potencia, e está preparada para acoller e asombrar.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.