A Curbera acolle este domingo a VIII regata de bateis Concello de Boiro

13 Marzo 2026

O Concello de Boiro colabora co Club de Remo Cabo de Cruz na celebración da VIII Bandeira de Bateis Concello de Boiro. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou este venres 13 de marzo na presentación da proba xunto con Luis Piñeiro, presidente do Club de Remo Cabo de Cruz, e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA.

A proba disputarase o domingo 15 de marzo a partir das 10.30 horas no Peirao de Cabo de Cruz, na zona da Curbera, e “está prevista a participación de 100 equipos e mais de 500 rapaces que desfrutarán desta xornada de competición”, afirmou o presidente do Club.

Disputaranse bandeira masculina e feminina, nas distancias atribuídas a cada categoría. O campo de regatas será de cinco carreiros e longos de 500 metros.

A directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, felicitou ao club polos últimos éxitos obtidos e polo traballo porque “o éxito é practicar un deporte que contribúe a promover uns valores para unha sociedade mais xusta”.

Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, convidou á veciñanza a “desfrutar dun día de remo e deporte” na xornada do domingo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.