Comeza a Semana Santa en Rianxo co triduo da Nosa Señora das Dores (a partir deste mércores 25)

24 Marzo 2026

O programa da Semana Santa de Rianxo, organizado unha vez máis pola Irmandade da Paixón do Cristo coa colaboración do Concello, comezou o pasado 21 de marzo, sábado, cunha misa solemne presidida por monseñor Francisco José Prieto Fernández, arcebispo de Santiago de Compostela, e cun concerto do quinteto de ventos da Escola Banda de Música de Rianxo.

Os días 25, 26 e 27 de marzo celébrase o triduo na honra da Nosa Señora das Dores (misas ás 19.00 horas os días 25 e 26, e ás 20.00 horas o día 27, con misa solemne e procesión ao rematar a liturxia).

O 29 de marzo, Domingo de Ramos, celebrarase ás 11.00 horas a tradicional Procesión de Ramos dende a Igrexa Parroquial até a Capela da Nosa Señora da Guadalupe, onde serán bendicidos os ramos para regresaren logo os fregueses á igrexa parroquial e oficiarse a Santa Misa.

O 1 de abril, Mércores Santo, haberá dous grandes actos relixiosos: ás 20.00 horas o acto de ánimas e confesións e ás 21.00 horas o Via Crucis penitencial polas rúas de Rianxo.

No 2 de abril, Xoves Santo, celebrase a Santa Misa da Cea do Señor ás 19.00 horas e ás 21.00 horas a procesión e, ao rematar o percorrido, a celebración da Hora Santa.

As actividades do Venres Santo (3 de abril) arrincarán ás 10.00 horas co Anuncio do Santo Encontro polas rúas de Rianxo, a cargo da Banda de Tambores da Irmandade da Paixón de Cristo. Ás 11 horas celebrarase o Santo Encontro na praza Castelao. Pola tarde levaranse a cabo os Santos Oficios (Adoración da Cruz e Desencravo, ás 19 e ás 20h, respectivamente) e ás 22.00 horas a Procesión do Santo Enterro.

O 4 de abril, Sábado Santo, inclúe entrada a noite (sobre as 21.00 horas) a cerimonia da Vixilia Pascual. Ao finalizar, o Cristo da Misericordia volverá como é tradición á súa capela.

A axenda rematará o Domingo de Resurrección, 5 de abril, cunha Misa de Resurrección ás 11.30 horas. Inclúe un encontro no adro da Igrexa do Santo Cristo Resucitado coa súa nai, seguido dunha procesión polo centro histórico de Rianxo e ao rematar celebrarase a Misa de Resurrección.

O programa vén da man da Irmandade da Paixón de Cristo de Rianxo en colaboración co Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.