Carlos Blanco ofrecerá un segundo pase do seu espectáculo en Ribeira

08 Marzo 2026

Dada a alta demanda para o espectáculo A penúltima, de Carlos Blanco, que terá lugar no novo Auditorio municipal de Ribeira no 8 de maio, o Concello e a produtora Condetrespés acordan lanzar un segundo pase. Será no mesmo día, ás 22.30 horas.

Segundo lembra a Concellería de Cultura que dirixe Ana Barreiro, Carlos Blanco “é un dos humoristas máis recoñecidos da escena galega e nacional” e en A penúltima presenta un monólogo cómico de aproximadamente 70 minutos no que combina material novo e clásico, “garantindo risas e unha conexión directa co público”. O espectáculo está recomendado para maiores de 16 anos.

“A función tivo moi boa acollida e, nesta semana pasada case se esgotan a totalidade das entradas”, engadiu a concelleira. Por iso, para que ninguén quede sen a oportunidade de rir a esgalla, dende a Concellería de Cultura e a produtora “optamos por ter un segundo pase. O compromiso do Concello de Ribeira é férreo, de aí a cantidade de propostas culturais que temos non só no Auditorio Municipal, senón tamén noutros centros culturais do municipio e nas nosas súas”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

A venda das entradas para este segundo pase comeza no luns, 9 de marzo, a partir das 09.00 horas. Como xa é habitual, farase de xeito simultáneo na páxina web www.ataquilla.com e de maneira presencial na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial. Para aquelas persoas que opten por adquirilas nas dependencias municipais, o horario será de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas. O prezo sitúase nos 14 euros, máis gastos de xestión.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.