“Cabodano” – Xulio Xiz

18 Marzo 2026

O noso ricaz idioma utiliza o termo “cabodano”, especialmente para conmemorar o primeiro ano cumprido do pasamento dunha persoa, extensible a sucesivas celebracións que en tempos dependían das posibilidades económicas da familia, e do desexo manifesto de lembranzas que podían ir desde o puro agarimo ata o desexo de notoriedade para os mortos e os que quedaban.

E dado o carácter fondamente relixioso dos nosos devanceiros, o cabodano viña ser ou significar a mesma celebración conmemorativa relixiosa, como unha continuación das celebracións do enterro. Neste caso, por extensión ou repercusión, o cabodano que todos estamos lembrando coincide cos seis anos que se veñen de cumprir do noso peche colectivo diante da pandemia da Covid, que tan fondamente incidiu na nosa vida cotiá.

Os que libramos con ben desta pandemia, vese que optimistas por natureza, adoitamos falar do que fixemos naquel tempo morto no interior das nosas casas, para non deixarnos levar pola marea de preocupación e desánimo, sendo o último a quen escoitei Amancio Prada, este sábado, no auditorio Mato/Fuxan os ventos, que confesou terse dedicado a profundar na obra de Becquer e a súa conexión con Rosalía,

Con altos ou máis rasantes cometidos, superamos aquela dificultade, conseguindo obter algún ben daquela desgraza. Parece que os que quedamos soubemos acomodarnos á realidade, e aproveitar algunhas das súas posibilidades.

Se chegamos aló, oxalá poidamos celebrar dentro de seis anos o resultado deste tempo difícil no que navegamos, no que parece que todo se concita para (sálvese quen poida) manterse a flote na situación en que unha presa de descerebrados está poñendo o noso mundo patas arriba.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.