“Bruxelas defenderá os intereses da UE ante as ameazas de Trump a España” – Antón Luaces

04 Marzo 2026

A Comisión Europea confía en que Estados Unidos respecte os seus compromisos comerciais e velará porque se protexan “plenamente” os intereses da Unión Europea. Este compromiso explícito ten que ver co anuncio de Donald Trump de que vai “cortar todo o comercio con España” dada a postura do Goberno de Pedro Sánchez sobre a ofensiva militar israeloamericana contra Irán.

Cómpre lembrar que, en roda de prensa, Trump ameazou onte, martes, con impoñer un castigo comercial a España pola negativa do Goberno á utilización das bases de uso conxunto de Rota e Morón para a guerra que Estados Unidos e Israel manteñen con Irán.

O goberno español reaccionou deixando claro  que a súa vontade “é e será sempre traballar polo libre comercio e a cooperación económica entre países, desde o respecto mutuo e o cumprimento da legalidade Internacional. Porque o que a cjdadanía pide e merece é máis prosperidade, non máis problemas”.

Após afondar en que “España é un membro clave da OTAN que cumple cos seus compromisos e contribúe de xeito destacado na defensa do territorio europeo”, Pedro Sánchez puxo o foco en que España é “unha potencia exportadora da UE e un socio comercial fiable para 195 países do mundo, entre eles EE.UU. con quen mantemos  unha relación comercial histórica  e mutuamente beneficiosa” engadindo que “se a administración norteamericana quere revisala deberá facelo respectando a autonomía das empresas privadas, a legalidade internacional e os acordos bilaterais entre a UE e EE.UU.”.

O mandatario estadounidense, na súa sempre caótica concepción do mundo, manifestou onte que “España está a ser terrible. Pedín cortar todos os acordos con España”, dixo diante do chanceler alemán Friedrich Merz. Este non respostou á ameaza contra de España, mais si apuntou que os aliados tentan “convencer” a España   de que chegue ao 3% ou 3,5% do PIB  en gasto militar acordado no seo da OTAN (rexeitado por España). 

Para Trump a postura de España de non permitir usar as bases en solo nacional para lanzar a ofensiva contra Irán é “pouco amistosa”, engadindo que “Non ten un gran liderado, é o único aliado da OTAN que non acordou chegar ao 5% e de feito non pagan nen sequera o 2%”.

Se ten dúbidas sobre a pertenza ou non  de España á OTAN, Donald Trump ben podería analizar primeiro o papel do seu país nesta organización atlántica, baixo o seu mandado. 

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

“De la mentira al insulto”. Xosé Perozo

Días atrás Donald Trump prometió premiar a todos los estadounidenses adultos con 5.000 dólares si su partido triunfa en las elecciones legislativas. Una compra de votos a todas luces imposible de cumplir legal, administrativa y económicamente. Un fraude contra la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.