Boiro presenta o seu programa de actividades da Semana Santa 2026

11 Marzo 2026

O Concello de Boiro colabora coa Irmandade do Cristo da Misericordia na celebración dos actos da Semana Santa 2026 en Boiro e que está previsto que se desenvolvan entre o 21 de marzo e o 5 de abril. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este mércores 11 de marzo na presentación dos actos xunto co párroco de Boiro, Juan Bermúdez; Luis José López, vice-irmá maior, e outros membros da Irmandade.

O programa deste ano comezará o sábado 21 de marzo, Sábado de Lázaro, coa lectura do pregón a cargo do señor Carlos María López del Rio e a imposición de medallas aos novos confrades e os días 25, 26 e 27 de marzo celebrarase o Triduo á Virxe das Dores.

O Domingo de Ramos, 29 de marzo, celebrarase a tradicional bendición de ramos no Cruceiro de Bao, con procesión e misa solemne.

Xa o Mércores Santo, 1 de abril, desenvolverase a procesión da Nosa Señora da Piedade, que será o segundo ano que se celebre esta procesión.

O Xoves Santo está prevista a celebración da cea de Cristo, Lavatorio, Hora Santa e procesión do Ecce Homo e Virxe da Amargura; e o Venres Santo a Paixón de Cristo e Procesión do Santo Enterro.

A programación dos actos da Semana Santa 2026 continúa o sábado 4 de abril coa celebración da solemne vixilia pascual e rematará coa celebración da solemne misa de Pascua o Domingo de Pascua de Resurrección.

Programa

Sábado 21 de marzo – Sábado de Lázaro

20.30h – Lectura do pregón polo señor Carlos María López del Río e imposición de medallas aos novos confrades.

Mércores 25 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.00h – Triduo á Virxe das Dores

Xoves 26 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.00h – Triduo á Virxe das Dores

Venres 27 de marzo – Triduo na honra da Virxe das Dores

20.30h – Festividade das Dores: misa e procesión

Domingo 29 de marzo – Domingo de Ramos

11.00h – Convocatoria na Igrexa

11.30h – Bendición de ramos no cruceiro de Bao, procesión e misa solemne

Mércores 1 de abril – Mércores Santo

22.00h – Procesión de Nuestra Señora de la Piedad

Xoves 2 de abril – Xoves Santo

20.30h – Misa da Cea de Cristo, Lavatorio e Hora Santa

22.00h – Procesión Ecce Homo e Virxe da Amargura

Venres 3 de abril – Venres Santo

19.30h – Celebración da Paixón de Cristo

20.30h – Desencravo

21.30h – Procesión do Santo Enterro

Sábado 4 de abril – Sábado Santo

21.00h – Solemne Vixilia Pascual

Domingo 5 de abril – Domingo de Pascua de Resurrección

12.00h – Misa solemne de Pascua

Outros artigos

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.