Boiro presenta en Bealo novos proxectos e recolle demandas veciñais

26 Marzo 2026

O Concello de Boiro celebrou este xoves unha nova xornada do programa Café co alcalde na parroquia de Bealo, na que participaron arredor de medio cento de veciños e veciñas para trasladar as súas inquedanzas ao goberno local.

O alcalde, José Ramón Romero, acompañado de varios concelleiros, informou das actuacións realizadas recentemente na parroquia e avanzou algúns dos proxectos previstos para os vindeiros meses.

Entre as iniciativas destaca o proxecto de saneamento no lugar de Landeiras, actualmente sen rede, cun investimento estimado de 360.000 euros. A actuación contempla a creación dun sistema de depuración de augas residuais que permitirá reducir o consumo enerxético ao evitar bombeos.

Ademais, o rexedor anunciou o arranxo das unitarias de Ponte Beluso e San Ramón, espazos moi utilizados pola veciñanza, así como a mellora do acceso á aldea de Bealo.

Desde o Concello subliñan que estes encontros, que se estenderán ao resto das parroquias, buscan facilitar o contacto directo coa cidadanía e recoller as súas demandas sen necesidade de desprazarse ata a casa consistorial.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.