O BNG acorda co Goberno medidas complementarias de apoio ao sector pesqueiro galego

27 Marzo 2026

O Bloque Nacionalista Galega (BNG) vén de acordar co Goberno do Estado medidas de apoio ao sector pesqueiro galego, complementarias das recollidas do RDL anticrise, que responden a algunha das reclamacións do sector en relación coa ampliación das cotas de raia, xarda e lirio, coa produtividade das rías e co relevo xeracional nun ámbito -o da pesca- fundamental para a economía e o tecido social da Galiza.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, destacou que “este acordo recolle medidas necesarias para atender algunhas demandas do sector pesqueiro galego, apostando pola formación, o coñecemento científico e a mellora da capacidade operativa”.

Rego engadiu que “o Ministerio de Pesca deberá pór en marcha un plan de formación pesqueira para mozos e mozas a bordo do buque-escola Intermares para garantir a remuda xeracional no sector” anuncia Néstor Rego sinalando que esta medida procura facilitar o acceso ao sector, ofrecendo capacitación directa para atallar un dos problemas que está encontrando a frota galega, o de persoal cualificado.

Nun contexto onde o sector precisa incorporar man de obra nova e ante as dificultades actuais, o BNG sinala que esta medida formativa “é fundamental” para garantir a continuidade da actividade e ofrece oportunidades laborais cualificadas.

Outro dos puntos acordados entre o BNG e o Goberno do Estado é a realización dun estudo exhaustivo sobre a produtividade das rías galegas. “Pesca encargará ao Instituto de Oceanografía -que ten dous centros punteiros no noso litoral- un estudo sobre a produtividade das rías fundamentalmente para determinar o que xa é unha evidencia, que é a perda de produtividade e, polo tanto, para estabelecer cales deben ser as medidas correctoras e as actuacións necesarias para restaurar a calidade ambiental plena e a produtividade das nosas rías”, explicou Rego, salientando que o estudo científico permitirá contar con datos sólidos e garantir a sustentabilidade das Rías, un dos principais motores económicos da Galiza.

O acordo inclúe o compromiso de estabelecer mecanismos de intercambio de cotas (SWAPS) con terceiros países e frotas, co obxectivo de aumentar as posibilidades de captura de especies de grande importancia para o sector pesqueiro galego.

“O obxectivo é aumentar a cota de raia, xarda e lirio. Unha das reclamacións que está a demandar o sector pesqueiro galego para garantir a viabilidade e a continuidade da actividade  económica” afirma o deputado do BNG no Congreso.

O deputado do BNG valora moi positivamente as medidas acordadas e empraza o MAPA a poñelas en práctica canto antes.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...