Belén do Campo felicita en Amicos ás alumnas que remataron a formación en atención sociosanitaria

03 Marzo 2026

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce, visitou este martes 3 de marzo a sede en Boiro da entidade inclusiva Amicos para clausurar o curso de accións formativas para desempregados (AFD) que contou cunha achega de máis de 52.000 euros, centrada en atención sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións sociais.

A delegada felicitou a Amicos pola “súa implicación e compromiso coa mellora da empregabilidade dos veciños da súa contorna ademais de conseguir xente formada para atender as necesidades dos usuarios dos seus centros”.

Animou a todo o seu equipo a seguir traballando e apostando por unha formación de calidade e destacou o éxito que teñen estes cursos xa que conseguen unha taxa de empregabilidade moi alta.

Este curso incluíu os módulos dirixidos a persoas dependentes en institución sociais de: apoio na organización de intervencións no ámbito institucional (recepción e acollida, organización de actividades); intervención na atención hixiénico-alimentaria; intervención na atención sociosanitaria, apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa (animación sociais, mantemento e mellora das actividades diarias, técnicas de comunicación); inserción laboral, sensibilización medioambiental e na igualdade de xénero; formación para a igualdade e básico de prevención de riscos laborais.

A representante do Goberno autonómico felicitou ás alumnas que comezaron a súa formación o pasado 15 de outubro e remataron hoxe cunha duración total de 415 horas.

Belén do Campo destacou “o esforzo que realiza a Xunta neste tipo de formación xa que neste curso 25-26 se están a impartir na provincia da Coruña 202 cursos por un importe de case 11,2 millóns de euros” e “concretamente no Barbanza recibiron apoios para realizar estes cursos 6 entidades, para impartir 12 cursos, por un importe de máis de 715.000 euros”.

A representante do Goberno autonómico subliñou que “o obxectivo destas formacións é mellorar as competencias profesionais das persoas beneficiarias, favorecendo a obtención total ou parcial de certificados profesionais con impacto directo na súa inserción laboral”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

“La guerra como negocio de la atrocidad”. Alberto Barciela

Asistimos en el tablero de Oriente Próximo a una representación dramática de la discordia entre la moral y la política. El conflicto que involucra a Irán y sus vecinos pone de manifiesto cómo el moralista político -aquel que forja una moral ad hoc para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.