Belén do Campo avalía co GALP Ría de Arousa o impacto das axudas ao sector

26 Marzo 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo un encontro de traballo coa xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, para analizar o balance das axudas concedidas e a evolución dos proxectos impulsados por esta entidade.

O GALP Ría de Arousa abrangue os concellos coruñeses de Boiro, A Pobra, Rianxo, Ribeira e de Pontevedra de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa e conta cunha ampla base social composta por 47 entidades. Delas, o 36,2% pertencen ao ámbito pesqueiro, mentres que o sector social representa o 38,3%.

O GALP Costa Sostible abrangue municipios das provincias da Coruña e Pontevedra, entre eles Boiro, Ribeira, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Vilagarcía de Arousa, e conta cunha base social de 47 entidades que agrupan a máis de 26.800 persoas, cun peso destacado do sector pesqueiro.

Durante a reunión fíxose balance da convocatoria de 2025, na que se apoiaron nove proxectos vinculados ao desenvolvemento local e ao sector pesqueiro, cun volume de axudas superior aos 734.000 euros e un investimento total que supera os 760.000 euros. Estas iniciativas foron promovidas por confrarías, empresas e entidades sociais, contribuíndo á dinamización económica do territorio.

Ademais, abordouse a nova convocatoria de axudas da Xunta de Galicia, dotada con 6,9 millóns de euros e cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), á que se presentaron 13 proxectos no ámbito da ría de Arousa.

Estas liñas de apoio buscan impulsar unha economía azul sostible, fomentando o emprego, a innovación e a mellora das condicións do sector, así como a posta en valor do patrimonio marítimo. Neste sentido, Belén do Campo destacou o papel clave destes programas para reforzar o tecido socioeconómico das zonas costeiras e reiterou o compromiso da Xunta co desenvolvemento do litoral galego.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.